Bergslagen
Bergslagen
Rexión do centro de Suecia situada no länd de Västmanland, ao S da rexión de Dalarna, entre o golfo de Botnia e o lago Vänern. É unha rexión mineira e industrial, con abundantes xacementos de ferro, explotados desde o s XIII, e explotacións de prata, ouro, cinc, cobre, manganeso e chumbo. Os principais centros industriais son Falun, Sandviken, Borlänge, Grängesberg e Karlskoga.