Berja

Berja

Municipio da provincia de Almería, Andalucía, nos contrafortes da Sierra de Gádor (13.043 h [1996]). O principal recurso económico é o cultivo da vide para a exportación de uvas de mesa. Pola contra, a tradicional explotación de minerais de chumbo perdeu importancia. O seu antecedente histórico foi a vila romana de Bárea, destruída por un tremor de terra no s V. Asentamento musulmán, foi conquistada polos Reis Católicos; tralas revoltas dos mouriscos do derradeiro cuarto do s XVI e a súa expulsión, quedou practicamente despoboada.