Berkeley, George

Berkeley, George

Filósofo protestante inglés. Foi bispo de Cloyne desde 1734. Formulou unha filosofía estruturada ao redor dunha análise do coñecemento, que, influída por Descartes e Malebranche, levou ao límite os resultados de Locke. A sensación, único medio polo que o espírito se pon en contacto coas cousas, é aquilo que as constitúe ontoloxicamente como tales (esse est percipi); todo o que é (e só é iso que se percibe) ten que ser necesariamente espiritual. A filosofía de Berkeley pódese resumir en catro teses fundamentais: a que sostén que a materia non é senón o conxunto das ideas; a que indica que a idea abstracta é un sinxelo flatus vocis e, por conseguinte, defende un nominalismo sobre o que se apoiará o posterior inmanentismo científico; a que opón o espiritualismo e o voluntarismo a un materialismo que identifica a materia coa realidade racional, e a que defende o teísmo fronte ao deísmo e ao ateísmo. Formulou as teses fundamentais do seu pensamento en Essay towards a New Theory of Vision (Ensaio sobre a nova teoría da visión, 1709), a primeira parte dos Principles of Human Knowledge (Principios do coñecemento humano, 1710) e Three Dialogues between Hylas and Philonus (Tres diálogos entre Hylas e Philonus, 1713). Berkeley tivo no s XIX os seus representantes máis significados no inmanentismo de Schuppe, o solipismo de Schubert-Soldern e o sensualismo positivista de Avenarius e Mach.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cill Chainning

  • Deceso

    Lugar : Oxford