Bermejo
Bermejo
-
[ONOM]
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Bermello.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria de Castela, da que pasou unha rama a Galicia. As súas armas levan, en campo de ouro, un piñeiro de sinople e unha ovella ao natural, atravesada ao pé do tronco e pastando nun prado, tamén de sinople. Outra variante trae, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa.