Bermejo Barrera, Xosé Carlos

Bermejo Barrera, Xosé Carlos

Catedrático de Historia Antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Investigador no eido da teoría e da filosofía da historia e da mitoloxía grega e romana. Sobre os fundamentos da disciplina histórica publicou entre outras obras: Psicoanálise do coñecemento histórico (1982), traducido ao español en 1983, e O final da historia: ensaio de historia teórica (1986), obra coa que inauguraba a triloxía Ensayos de historia teórica, composta por El final de la historia (1987), Replanteamiento de la historia (1989) e Genealogía de la historia (1999). Ademais escribiu, entre outras, as seguintes obras: La sociedad en la Galicia castreña (1978), Introdución a la sociología del mito griego (1979), Mitología y mitos de la Hispania prerromana (1982-1986) e Grecia arcaica: la mitología (1996). Colaborou en numerosas obras colectivas, entre as que cómpre salientar Historia de la filosofía antigua (1997), Imágenes de la polis (1997) e Los límites de la tierra: el espazo geográfico en las culturas mediterráneas (1998). Colaborador de revistas como Gallaecia, Grial e Historia y Crítica. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela