Bernal López, Xosé Luís
Humorista, contador de contos e creador de personaxes como o coñecido Farruco. Son coñecidas a súa retranca e reviravolta que emprega para provocar a risa ou propiciar a visión irónica da realidade, sempre na procura da revitalización do humor popular e tradicional. Fundou, xunto con Jose Luis Moralejo Álvarez e José Carro Otero o trío Faneca, co que actuaban no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela. Colaborou en Radio Galicia cun programa chamado “Cousas de Farruco”. Como actor participou no espectáculo teatral A fiestra valdeira (1994), realizado polo Centro Dramático Galego, e en 1996 presentou Sete por un. Amais actuou, con dous papeis secundarios, nos filmes Divinas Palabras e Del Miño al Bidasoa. Participou en diversos programas de TVE e TVG. Editou tamén cintas gravadas con contos e pequenas historias narradas por el mesmo, tituladas: Farrucadas, Galegadas e Trapalladas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago