Bernalda Soubirous, santa

Bernalda Soubirous, santa

Relixiosa gascona (Soeur Marie-Bernard) coñecida como Bernadette. Á idade de catorce anos contemplou na cova de Masabiéla (1858) a aparición da Virxe en dezaoito ocasións, que se lle manifestou como Inmaculada Concepción. Estas aparicións deron orixe ao santuario de Lourdes, centro de peregrinacións. Entrou nas irmás da caridade de Nevers (1866). Foi canonizada en 1933. A súa festa celébrase o 16 de abril.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lourdes

  • Deceso

    Lugar : Nevers