Bernardes, Diogo

Bernardes, Diogo

Poeta. Comezou estudios eclesiásticos que posteriormente abandonou para establecerse na corte. En 1578 participou na expedición do Rei Sebastián de Portugal a Marrocos; foi feito prisioneiro na Batalla de Alcazarquivir e Filipe II rescatouno en 1581. Influenciado por Petrarca, a súa poesía caracterízase polo bucolismo e por un lirismo tradicional que recolle unha temática onde están presentes o amor, o paso do tempo e a natureza. Publicou: Várias rimas ao Bom Jesus (1594), O Lima (1596) e Rimas várias / Flores do Lima (1597).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ponte da Barca, Minho, Portugal

  • Deceso