Bernart de Ventadorn
Trobador occitano. Calcúlase que a súa produción poética (41 poesías) foi escrita entre os anos 1150 e 1180. Semella tamén que tres grandes ciclos das súas cançons amorosas están dedicadas a Margarida de Turena, a famosa Leonor de Aquitania, cando era muller de Enrique II de Inglaterra. O seu cancioneiro está exclusivamente dedicado ao amor, expresado sempre cunha elevada dignidade, pero cunha total simplicidade, que fan del un dos máis característicos representantes do trobar leu, ou dicción sinxela, en oposición ao hermetismo, xa moi espallado entre os trobadores do seu tempo. Nas súas composicións amosa un amor sincero para producir unha poesía auténtica. A gran dignidade da palabra, a perfecta estrutura dun estrofismo sabio, as rimas elegantes, non rebuscadas, e un constante equilibrio caracterizan estilisticamente a obra. Foi considerado un dos mellores trobadores amorosos e un dos primeiros líricos da Idade Media.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ventadorn, Limousin -
Deceso
Lugar : mosteiro de Dalon, Perigord