Bernini, Gian Lorenzo

Bernini, Gian Lorenzo

Arquitecto, escultor e pintor. Protexido polos papas Urbano VIII e Alexandre VII, levou a cabo un gran labor artístico en Roma, en pleno fervor da arte defendida pola Contrarreforma. Nas súas dúas primeiras obras, David (1619) e o grupo Apolo e Dafne (1621-1622), están presentes todos os elementos que caracterizan a arte barroca: movemento moi acentuado e textura pitórica. A mesma sensación existe no Éxtase de santa Teresa (1646), onde o atavío da personaxe é a manifestación da axitación da súa alma. Este patetismo repetiuse na Beata Ludovica Albertoni (1671-1674). Outras das súas obras escultóricas son as estatuas de San Longino (1629-1632) e os mausoleos de Urbano VIII (1647) e Alexandre VII (1671-1678). Unha concepción semellante é perceptible na súa obra arquitectónica. Concibiu o baldaquino do altar maior de San Pedro de Roma (1633) como unha estrutura sostida por catro columnas salomónicas de bronce. A teatralidade que caracterizou esta obra repítese na cátedra de san Pedro no Vaticano. Case todo o resto das súas producións foron remates e reconstrucións, concibidos cun espírito decorativo e urbanístico. Entre as obras arquitectónicas destacan a columnata da praza de San Pedro (1657-1667), as igrexas de Santo Andrés do Quirinal (1678) e a do castelo Gandolfo (1661), a Scala Regia (1663-1666) ou a serie de fontes construídas en Roma, especialmente a Fonte dos catro ríos na praza Navonna (1647-1652). Luís XIV consultouno sobre o proxecto do Louvre.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nápoles

  • Deceso

    Lugar : Roma