Bernoulli, Jakob
Bernoulli, Jakob
Matemático suízo. Despois de estudar Teoloxía, iniciouse en Matemáticas e Astronomía, e a partir dos estudios sobre o cálculo de Leibniz comezou a traballar sobre series numéricas que o levaron a acadar as primeiras avaliacións asintóticas. Propuxo o problema da catenaria e estudiando o problema da braquistócrona, obtivo a solución con métodos que conteñen o cálculo de variacións, que desenvolveu na obra Analysis Magni Problematis Isoperimetrici (Análise dos grandes problemas isoperimétricos, 1701). Na Ars conjectandi (Arte de presaxiar) enunciou o denominado teorema de Bernoulli sobre o cálculo de probabilidades.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Basilea -
Deceso