Bernoulli, principio de
Bernoulli, principio de
[FÍS]
Expresión matemática da lei de conservación da enerxía para fluídos perfectos (é dicir, non viscosos) e incompresibles, tamén coñecida como ecuación de Bernoulli, que circulan en réxime estacionario, formulada por D. Bernoulli en Hydrodynamica (1738). Ao producirse nun fluído unha corrente estacionaria, a suma da presión estática e da presión dinámica mantense constante ao longo dunha liña de corrente.