Bernstein, Leonard
Compositor, director e pianista. Realizou estudios en Harvard e foi discípulo de Sergey Koussevitzky no eido da dirección orquestral. Foi director da Orquestra Filharmónica de Israel (1947), da Orquestra Sinfónica de Boston e da Orquestra Filharmónica de Nova York (1958-1969); tamén dirixiu na Scala de Milán e en Viena. Da súa produción, que reflicte a influencia da música popular do seu país e do jazz, cómpre salientar os musicais On the town (Na cidade, 1944), Candide (1956) e West Side Story (A historia da parte oeste, 1957); os ballets Fancy Free (Capricho libre, 1944) e Facsimile (Facsímile, 1946); a peza teatral Mass (1971) e a sinfonía nº 1 Jeremiah (1942) e a nº 3 Kaddish (1963). Das súas derradeiras composicións destacan as pezas: Missa brevis (Misa breve, 1988) e Arias and barcarolles (Arias e barcarolas, 1988)
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lawrence, Massachusetts -
Deceso
Lugar : Nova York