Besnard, Paul Albert

Besnard, Paul Albert

Pintor. Discípulo de Cabanel, o seu eclecticismo maniféstase tanto nos temas, que reflicten o ambiente do s XIX, como na técnica. Na súa obra funde motivos impresionistas cos de Puvis de Chavagnnes, de reminiscencias clásicas. É autor de numerosos murais e teitos en edificios públicos. Pintou no Petit Palais dos Campos Elíseos. Escribiu as obras Home en rosa e A India color de sangre (1913). Foi o primeiro pintor admitido na Academia Francesa (1924), grazas aos seus retratos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París