betilo

betilo
  1. s m [ARTE/RELIX]

    Pedra sagrada sen puír e tallada toscamente, que recibía o culto na Antigüidade por parte dalgúns pobos do Próximo Oriente e do Mediterráneo. Era considerada como a propia divindade ou un símbolo da mesma. Un betilo famoso é a Pedra Negra da Meca, venerada xa antes da predicación de Mahoma.

  2. s m

    Nome co que se coñecen as pezas prehistóricas con apariencia de idoliños e que teñen un aspecto máis ou menos antropomórfico e con forma cilíndrica.