Bettonica, Luis

Bettonica, Luis

Xornalista. Desenvolveu a súa actividade profesional en España e Italia. Foi colaborador de distintos medios de comunicación, entre eles varios do eido gastronómico (Club de Gourmets, Vino y Gastronomía, Sibaritas, etc), e director das revistas Muy Personal e Extrísimo. Participa desde 1981, con Máximo Fernández Casal, no espazo de radio El Piripao, e desde 1987, codirixe o xornal sectorial de hostalería do mesmo nome. É autor dos libros El Vino de Jerez, Los Cavas de Cataluña e Cocina Regional Española, así como dunha guía gastronómica anual. Tamén é autor de dous libros de Historia acerca do fascismo italiano:...Y Dios creó el fascismo e El Fascismo triunfante: La marcha sobre Roma. É membro da Academia Española de Gastronomía e Premio Nacional de Gastronomía 1982.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona