Beyle, Marie-Henri

Beyle, Marie-Henri

Escritor francés coñecido polo pseudónimo de Stendhal. Exiliado voluntariamente á caída do Imperio, viaxou e publicou as súas primeiras obras sobre pintura e música. En 1817 adoptou o pseudónimo de Stendhal, unha hiperxermanización do topónimo alemán Stendal (Magdeburg). Volveu a Francia (1821) e deuse a coñecer cunha serie de ensaios como De l’amour (Sobre o amor, 1822) e Racine et Shakespeare (1823-1825). Despois da súa primeira novela titulada Armance (1827), e da personalísima Promenades dans Rome (Paseos por Roma, 1829), publicou unha das súas obras máis destacadas, Le rouge et le noir (O vermello e o negro, 1830). Dos seus anos nun modesto cargo consular nos Estados Pontificios son as Chroniques italiennes (Crónicas italianas) e outra gran novela, La Chartreuse de Parme (A Cartuxa de Parma, 1839), ademais dunha serie de orixinais que se publicaron postumamente, como a novela inacabada Lucien Leuwen, xunto con escritos autobiográficos como Souvenirs d’egotisme (Recordos do egotismo, 1892) e Vie de Henri Brulard (A vida de Henri Brulard, 1913). Trátase dun dos grandes analistas da novela moderna.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Grenoble

  • Deceso

    Lugar : París