Bhan-Kao
Bhan-Kao
Xacemento arqueolóxico do Paleolítico Inferior de Tailandia. Van Henkeren identificou unha industria de cuarcitas e gres tallados por unha soa cara. Pola proximidade ao río Mekong ou Fingnoi, esta cultura recibiu o nome de Fingnoia.