Biac-na-Bató, pacto de
Biac-na-Bató, pacto de
Pacto asinado no campamento de Biac-na-Bató, na illa de Luzón (Filipinas) no 1897, entre o capitán xeneral Fernando Primo de Rivera e o xefe dos independentistas filipinos Emilio Aguinaldo. En virtude deste acordo os insurrectos acataban a soberanía española, eran liberados algúns prisioneiros españois e concedíase unha amnistía xeral.