Biblioteca do Arlequín
Biblioteca do Arlequín
Colección de textos dramáticos creada pola editorial Sotelo Blanco, na que apareceron publicadas as obras premiadas no concurso homónimo, celebrado entre 1987 e 1990. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, a colección contribuíu á normalización da edición do xénero dramático e inclúe textos de autores tan significativos como Roberto Vidal Bolaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Bernardino Graña, Euloxio R. Ruibal, Agustín Magán, Manuel Lourenzo ou Inma Antonio Souto.