Biblioteca Pública de Ourense

Biblioteca Pública de Ourense

Biblioteca fundada no ano 1845 con fondos que proviñan de numerosos mosteiros e conventos da provincia, que quedaran desertos trala desamortización do ano 1837. A maior parte destes fondos desapareceron nun incendio ocorrido en 1927; entre eles incluíanse series teolóxicas, xurídicas, patrísticas e unha colección de obras do Tostado. Contaba nos seus inicios con 11.430 volumes, e no incendio desapareceron 17.000, entre os que figuraban algúns manuscritos e incunables. A finais do s XX, a Biblioteca contaba con máis de 60.000 volumes, a maior parte deles modernos. A obra máis antiga é do cronista real Lucio Marineo Sículo, do ano 1533.