bicha

bicha

(

  1. s f

    Nome dado a varios animais como as feras, as serpes e outros seres fabulosos.

    Ex: Danme moito noxo as bichas.

    Sinónimos: becha.
  2. s f

    Animal de corpo brando e alongado, formado por aneis, que non ten patas.

    Ex: Saíu do regato coas pernas cheas de bichas.

    Sinónimos: becha, lombriga, sambesuga, samesuga, verme.
  3. s f

    Egua que non se criou na casa. 0BS Esta acepción só se rexistra nalgunhas comarcas de Galicia.

    Sinónimos: becha.
  4. s f [ARTE]

    Motivo ornamental en forma de animal fantástico coa cabeza de muller ou grifo e corpo de animal con peito feminino e ás. Aparece entre a follaxe, en frisos e cresterías. É característico da arte ibérica.

    Sinónimos: becha.