bicudo -da

bicudo -da

(< bico)

  1. adx

    Animal ou cousa dotado de bico, especialmente cando este é prominente.

    Ex: O tucano é unha ave moi bicuda. O palleiro ten forma bicuda.

    Sinónimos: bical.
  2. adx

    Aplícase ás persoas que teñen a parte da cara correspondente aos beizos e ao nariz moi avultados ou saíntes.

    Ex: A xente de raza negra adoita ser moi bicuda.

  3. s f

    ariedade de mazá verde escura de pouca estimación á que se lle dá este nome pola súa forma.

  4. s f [ANIMAL]

    Molusco bivalvo de ata 4,5 cm de ancho e de valvas ovadas, sólidas co umbo situado na metade anterior da cuncha que exteriormente ten cor amarela pálida ou castaña. Vive en areas lamacentas ou areosas na zona inframareal ata 40 m de profundidade no Atlántico e no Mediterráneo.

    Sinónimos: bruxa.
  5. s f [ANIMAL/ICT]

    Peixe mariño de corpo alongado, que pode acadar máis de metro e medio de lonxitude, con ollos moi grandes, a mandíbula inferior claramente prolongada cara a adiante e a aleta caudal moi profundamente gallada. É de cor gris oliva coa zona ventral arxéntea. Aliméntase doutros peixes e crustáceos. Vive en pequenos grupos sobre fondos de area preto do litoral ou en rexións peláxicas do Atlántico tropical ata o golfo de Bizkaia, polo que é a única especie representante das barracudas que chega ás costas galegas.

    Sinónimos: espetón.
  6. adx e s

    Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘porco’.

Palabras veciñas

bicuarzo | bicuaternión | bicudiño -ña | bicudo -da | Bida | bídalo | Bidasoa