Bigfoot

Bigfoot
[MIT]

Expresión inventada por un xornal de California a comezos do s XX, que significa ‘pés grandes’, para referirse ás criaturas lendarias con aspecto de simio identificadas polas súas pegadas; na mitoloxía amerindia son coñecidas co nome de Omah, Sasquatsch e Seeahtik. Algúns criptozoólogos queren ver nesta criatura mítica, equivalente ao yeti do Himalaia, a posibilidade da existencia dunha poboación residual de homínidos extinguidos.