Bignonia

Bignonia

(< antropónimo Bignon)

[PLANTA]

Xénero de plantas arbustivas ou herbáceas, da familia das bignoniáceas, de follas opostas, simples e pinnadas, e flores vistosas, de corola máis ou menos tubular e lobulada, con simetría bilateral. Orixinarias de América tropical, a miúdo se cultivan en xardinería.