Bikila, Abebe
Atleta. Alistado no exército, ingresou na guardia imperial, onde principiou a practicar deporte como parte da súa preparación. Descuberto por un adestrador sueco en 1958, animóuselle a competir, especializándoo nas carreiras de gran fondo. Acudiu aos Xogos Olímpicos de Roma 1960 para participar na proba do maratón, que gañou completando o percorrido nun tempo (2 h 15’ e 16,2’’) que constituíu o mellor rexistro olímpico do momento. Nos Xogos Olímpicos de Toquio 1964 proclamouse por segunda ocasión consecutiva Campión Olímpico da maratón, gañando a carreira cunha marca de 2 h 12’ 3’’. No derradeiro maratón olímpica na que participou, México 1968, tivo que abandonar aos poucos quilómetros por mor dunha lesión nun xeonllo, cando era o máximo favorito para acadar unha nova medalla de ouro. Os seus méritos deportivos foron recompensados no seu país co ascenso a capitán da guardia imperial. As lesións que sufriu nun accidente automobilístico o 26 de marzo de 1969 obrigárono a abandonar o atletismo definitivamente.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Etiopia -
Deceso
Lugar : Addis Abeba