bile
(< lat bīle)
-
s
f
[BIOQ/FISIOL]
Produto da secreción externa das células hepáticas de moitos vertebrados. É un líquido claro, amarelado e amargo. A bile elaborada polas células poligonais hepáticas, transpórtase a través dos condutos biliares intrahepáticos cara aos condutos hepáticos (cístico e colédoco) e almacénase na vesícula biliar. Unha vez vertida ao intestino, e grazas aos sales biliares, facilita a dixestión e a absorción das graxas. Tamén actúa favorecendo a absorción de colesterina e de vitaminas liposolubles, e como axente antiséptico e bacteriostático sobre a flora microbiana intestinal. A bile componse esencialmente de auga, sales biliares, pigmentos biliares (bilirrubina e biliverdina), ácidos graxos, lecitina, mucina e colesterina. Pódese distinguir unha bile A ou hepática, fluída e de cor dourada, dunha bile B ou vesicular, máis concentrada e de cor verdosa.
Sinónimos: fel. -
s
f
Mal carácter característico de quen ve unicamente a parte negativa das cousas ou de quen ten sempre mal humor.
Ex: Moitos dos seus amigos abandonárono porque non soportaban a súa bile.
Sinónimos: fel. -
bile amarela
[MED]
Antigamente, nome co que se coñecía o soro do sangue.
-
bile de boi
[MED/MICROB]
Produto da secreción do fígado dos bóvidos. Emprégase como colagogo, e tamén en microbioloxía, agregado a algúns medios de cultivo.
-
bile negra
[MED]
Antigamente, nome co que se designaba o coágulo sanguíneo.