Bill, Tony

Bill, Tony

Actor, produtor e realizador cinematográfico norteamericano. Comezou a súa carreira xunto a Frank Sinatra no filme O ben amado. Máis tarde encargaríase da produción de Shampoo (1972), Un golpe de mestre (1973), Do oeste para a fama (1975) e Taxi Driver (1976). Dirixiu My Bodyguard (O meu gardacostas, 1980), Crazy people (Xente tola, 1990), Untamed heart (Corazón indomable, 1992) e A home of our own (Un fogar de noso, 1994).

Cronoloxía

  • Nacemento