Bill of Rights

Bill of Rights

Lei xurada no 1689 por Guillerme III de Orange. Contiña o Bill and Declaration of Rights do 29 de xaneiro de 1629, aceptada no 1688 por Guillerme de Orange e pola súa dona María II como condición do Parlamento para poder ser elixidos reis de Inglaterra, onde se recolle o principio de que ningunha lei é válida se non conta coa aprobación do Parlamento. Nesta declaración recollíase que ningún católico ou esposo de católico podía reinar en Gran Bretaña (Bill of Exclusion). Esta lei recoñecía diversos dereitos esixidos polo Parlamento, como a facultade exclusiva para ditar leis, o voto dos subsidios económicos, o control do exército, eleccións libres, etc. Garantíase tamén que as eleccións e os debates no Parlamento serían libres e as sesións frecuentes. Foi un dos documentos que asentou as bases xurídicas do reino británico que carece dunha Constitución no sentido estricto.

Palabras veciñas

bilirrubinuria | bilítero -ra | biliverdina | Bill of Rights | Bill of Rights | bill* | Bill, Max