biliverdina
biliverdina
(
s
f
[BIOQ/FISIOL]
Pigmento tetrapirrólico de cor verde que se atopa na bile, no fígado, no bazo e na médula ósea dalgúns animais xunto coa bilirrubina. Prodúcese no proceso de degradación do grupo porfirínico ou hemo da hemoglobina. É o precursor da bilirrubina e proporciona á bile vesicular a súa cor verdosa propia. A bile dos anfibios e das aves só contén biliverdina.