Bilzingsleben
Bilzingsleben
Xacemento do Paleolítico inferior tardío situado na base dun travertino do período quente do Plistoceno medio (0,5-0,3 M a) nas proximidades de Erfurt (Alemaña). Nesta localidade, que proporcionou numerosos restos faunísticos, existen varias estruturas de hábitat redondas e ovaladas, detectándose no seu interior fogares, numerosa industria lítica e restos óseos manipulados de xeito intencionado. Así mesmo, apareceron varias partes de Homo erectus que corresponden a tres individuos diferentes.