Bintan
Bintan
Illa do arquipélago Riau, Indonesia, no mar de China meridional. Abrangue unha superficie de 1.024,5 km2. A súa capital é Tandjungpinang. Os seus principais recursos económicos son as minas de bauxita e de estaño, a explotación forestal e a pesca.