Bío Bío

Bío Bío

Río de Chile que nace na cordilleira dos Andes. Drena o gran val central chileno (unha cunca de 24.000 km2) e desemboca no Océano Pacífico polo golfo de Arauco, logo dun percorrido de 390 km. Os seus principais afluentes son os ríos Malleco, que recibe pola esquerda en Nacimento, e o Río de la Laja, que vén pola dereita en San Rosendo. O río Bío Bío formou durante moito tempo a fronteira entre as terras colonizadas polos españois e o territorio dos indios araucanos.