biodisco

biodisco

(< bio- + disco)

s m [BIOL/TECNOL]

En certos sistemas de depuración de augas residuais, disco de gran tamaño que contén bacterias e que, a medio somerxer dentro do depósito da auga contaminada, vai xirando lentamente ao redor dun eixe horizontal para favorecer a oxidación bacteriana das impurezas.