biogás

biogás

(

s m [QUÍM/IND]

Mestura de gases producidos pola fermentación anaeróbica ou dixestión da biomasa procedente principalmente de residuos orgánicos, por parte de bacterias metanóxenas, e cunha composición aproximada de metano (54-70%), dióxido de carbono (22-45%), nitróxeno (0,5-3%), hidróxeno (1-10%) e pequenas proporcións de monóxido de carbono, osíxeno e ácido sulfúrico. Xérase en dixestores especiais e almacénase principalmente para uso doméstico, como fonte de enerxía; o seu poder calorífico oscila entre 5,5 e 7 kWh por metro cúbico segundo a concentración de CO2. A produción de biogás serve como aproveitamento de residuos nocivos para o medio ambiente.