bioloxismo

bioloxismo

(

s m [FILOS]

Tendencia ou doutrina que interpreta a realidade dende un punto de vista biolóxico, considerando os fenómenos físicos ou culturais como manifestacións ou formas da vida. O tema máis constante nas doutrinas bioloxistas é o da ánima do mundo, principio universal de vida e de unidade, que fai que os individuos singulares (dende a materia inorgánica ata o home) sexan considerados individualizacións diferentes da vida en distintos graos de diferenciación. Esta doutrina preséntase na maioría dos filósofos gregos, que entendían o mundo como un grande organismo vivo, e reaparece no Renacemento e no Romanticismo. As doutrinas bioloxistas modernas poñen a énfase na interpretación biolóxica dos feitos culturais, como por exemplo a moral, a relixión, a arte ou a ciencia.