Bird, Larry
Bird, Larry
Xogador de baloncesto estadounidense. Xogou trece tempadas na NBA (principal competición profesional dos EE UU) no equipo dos Celtics de Boston, co cal gañou tres campionatos (1981, 1984 e 1986). Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e conseguiu a medalla de ouro co equipo norteamericano de baloncesto, coñecido como Dream Team, e, poucos días despois, anunciou a súa retirada definitiva. Como adestrador, conseguiu levar o equipo de Indiana Pacers á final da NBA (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : West Baden, Indiana