Bismarck, arquipélago de

Bismarck, arquipélago de

Arquipélago de Papua Nova Guinea, no Pacífico, ao NL da illa de Nova Guinea e ao redor do mar de Bismark (53.000 km2). Está formado polas illas de Lavongai, Nova Bretaña, Nova Irlanda, Dyaul, Lolobau, Tingwon, as illas do Almirantado e de asa San Matías, Long Island e Umboi. Situadas en latitudes ecuatoriais (1°-7° de latitude S), están cubertas de bosques. As producións principais son a copra, o cacao e a nácara. A cidade principal é Rabaul. Colonia alemá dende 1884, en 1919, trala Primeira Guerra Mundial, pasou a ser administrada por Australia. En 1949, estando baixo administración australiana, o arquipélago foi incorporado a Papua Nova Guinea, que accedeu á independencia en 1975.