Bismarck, Otto von
Político prusiano, artífice da unidade alemana. Nacido nunha familia de junkern (nobreza latifundista), estudiou en Berlín e en Göttingen. Ingresou na administración prusiana en 1835. En 1847 foi deputado no primeiro Landtag (Parlamento) xeral de Prusia. Extremadamente conservador, pediu a creación dun banco de crédito agrario e defendeu a represión do movemento revolucionario de 1848. Mostrouse realista e calculador cando Austria impuxo a Prusia a renuncia a unha primeira forma de unidade nacional alemá (Olmütz, 1850). Entre 1851 e 1859 foi conselleiro da embaixada de Prusia na Dieta de Frankfurt, onde avogou pola causa de Prusia e da unidade alemá contra a hexemonía de Viena, coa axuda de Rusia e da Francia de Napoleón III. Entre 1859 e 1862 foi embaixador prusiano en San Petersburgo e en 1862 en París. Nese mesmo ano chegou a primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores de Guillerme I de Prusia. En 1864 logrou, grazas á colaboración de Austria, que Dinamarca cedese os ducados de Schlewig e Holstein a Prusia. En 1865 recibiu o título de conde de Bismarck-Schönhausen. Entre os anos 1864 e 1871 traballou pola unificación alemana, nun primeiro momento freando a Austria coa Guerra Austro-Prusiana, que se saldou con vitoria prusiana (Batalla de Sadowa, 1866), e en 1870 a Francia, logo das derrotas das tropas francesas en Metz, Sedan e Verdún. Prusia alzouse coa hexemonía a través da creación da Confederación de Alemaña do Norte e do Zollverein. O 18 de xaneiro de 1871 foi proclamado en Versailles o Segundo Imperio Alemán (II Reich) e Bismarck, foi nomeado chanceler e príncipe. Pola Paz de Frankfurt, Alemaña anexionou, o 10 de marzo de 1872, Alsacia e Lorena. Seguindo o seu sistema de “paz armada”, illou a Francia e aliouse coas potencias orientais (Alianza dos Tres Emperadores: Alemaña, Austria e Rusia). Con motivo das rivalidades austro-rusas nos Balcáns, Bismarck interveu no Congreso de Berlín de 1878 e mediou tamén nos antagonismos coloniais entre Francia, Italia e o Reino Unido (Conferencia de Berlín, 1885). En 1882 Italia adheriuse ao eixe Berlín-Viena (Triple Alianza), que mantivo excelentes relacións con Inglaterra. En 1887 asinou un pacto de amizade con Rusia. Bismarck, desconforme coas orientacións do novo Emperador Guillerme II, dimitiu o 18 de marzo de 1890. Entre 1872 e 1880 desencadeou a Kulturkampf (‘loita pola cultura’) contra os católicos, considerados adversarios da unidade alemá polo protestantismo prusiano. Desde 1881 impulsou a creación dunha política social co fin de neutralizar as ideas revolucionarias. Escribiu as súas memorias Erinnerung und Gedanke (Memoria e pensamento).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Schönhausen, Brandenburgo -
Deceso
Lugar : Friedrichsruh, Lauenburg