biso

biso

(

  1. s m [INDUM]

    Peza de roupa interior, de tea fina, que xeralmente pendura dos ombreiros mediante uns tirantes. Úsase debaixo do vestido ou saia exterior e que chega preto do bordo inferior desa prenda.

    Ex: Quedáballe tan grande o biso que lle saía a puntilla por debaixo da saia.

    Confrontacións: enagua.
  2. s m [ZOOL]

    Feixe de filamentos, propios de moitos moluscos lamelibranquios que fixan o animal a unha base, de maneira temporal, como no caso dos estadios xuvenís das ameixas e das vieiras, ou ben de maneira definitiva, como acontece nos mexillóns.

    Ex: Límpalles os bisos ós mexillóns antes de botalos na pota.

Palabras veciñas

bismuturo | bisnaga | bisneto -ta | biso | Bison | bisonte | Bisorna