bisonte

bisonte

(< lat bisonte ‘touro bravo’)

s m [ANIMAL]

Mamífero artiodáctilo do xénero Bison, da familia dos bóvidos, de corpo robusto e cabeza grande, con cornos laterais, curtos, dereitos e cilíndricos, situados sobre unha fronte ampla; teñen o lombo moi alto, cunha xiba voluminosa. A pelaxe é espesa e laúda, máis longa sobre o terzo anterior do corpo, e forma unha crina apertada; no queixo e ao final da cola teñen tamén un feixe de pelo. O bisonte europeo (B. bonasus) ten aproximadamente 2,30 m de lonxitude e 1,50 m de altura ata o lombo, cun peso que pode chegar ata os 600 kg. Vivía nos bosques de toda Europa e se alimentaba de brotes e follas; máis tarde quedou reducido a Lituania e Polonia (bosque de Bialowieza), e despois da Segunda Guerra Mundial case foi exterminado; os últimos exemplares consérvanse en parques zoolóxicos e nalgunha reserva. O bisonte americano (B. bison) é máis grande e máis pesado ca o europeo, con patas, cornos e rabo máis curtos. Só vive en estado salvaxe no NO de Canadá. Nos parques nacionais e reservas de Norteamérica subsisten pequenos grupos en semidomesticidade, sobreviventes dos grandes rabaños que habitaban ata finais do s XIX as grandes chairas occidentais.

Confrontacións

búfalo

Palabras veciñas

bisneto -ta | biso | Bison | bisonte | Bisorna | bispado | bispal