bita
bita
(< fr bitte < antigoescandinavo biti ‘traveseiro do navío’)
s
f
[MAR]
Poste de madeira, ferro ou aceiro asegurado de xeito firme á cuberta ou no peirao, nas proximidades da proa, empregado para amarrar o cabo da áncora, unha cadea ou un cable, ou para soltalos máis lentamente cando fondea unha nave nun embarcadoiro. Ás veces ten atravesada unha barra de metal. OBS: Normalmente se emprega en plural.