bitácora

bitácora

(

  1. s f [MAR]

    Caixa, xeralmente de madeira e con forma cilíndrica fixada na cuberta do barco e preto do temón, que contén a agulla de bitácora na parte superior, e no interior ten os imáns correctores da desviación. Serve tamén de soporte para as esferas compensadoras. Os compases modernos dos iates non dispoñen de bitácora, no seu lugar vai tan só o soporte da suspensión e o cubichete.

  2. agulla de bitácora [MAR]

    Agulla náutica con imáns e esferas compensadoras da desviación magnética.

  3. caderno de bitácora [MAR]

    Libro de a bordo que leva o temoeiro e no que se anotan, ben a cada hora ou ben a cada cambio de rumbo, a dirección e forza do vento, o estado do mar, os faros de sinalización, o rumbo e a hora. O caderno de bitácora é un importante auxilio para o navegante para trazar a ruta que estime máis conveniente e para controlar as súas propias informacións.

Palabras veciñas

Bit Error Rate | bît-hilâni | bita | bitácora | bitadura | bitanxente | Bitareira