Bjørnvig, Thorkild

Bjørnvig, Thorkild

Poeta e crítico danés. Influenciado por T. S. Eliot e R. M. Rilke, do que foi tradutor. Publicou Stjernen bag gavlen (As estrelas detrás do frontispicio, 1974), Anubis (1955), Figur og ild (Figura e lume, 1959), Vibrationer (Vibracións, 1966), Ravnen (O corvo, 1968), Opror mod neonguden (Revolta contra o deus de neón, 1970) e Delfinen (O delfín, 1975). Profundamente analítico, presenta un estilo elaborado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Århus