Black Hills

Black Hills

Macizo montañoso dos EE UU, rama oriental do sistema montañoso das Rochosas. Situado nas Grandes Chairas, ocupa o SO de Dakota do Sur e o NL de Wyoming. O seu cumio é o Harney Peak, de 2.207 m de altitude. No seu interior hai xacementos de ouro, prata e chumbo. O principal atractivo turístico da rexión é a obra do escultor Gutzon Borglum que representa os bustos dos presidentes Washington, Jefferson, Lincoln e Theodore Roosevelt, esculpidos sobre a rocha da montaña.