Blainville, Henri Marie Ducrotay de

Blainville, Henri Marie Ducrotay de

Naturalista e médico francés. Foi profesor de Anatomía e Zooloxía na facultade de Ciencias da Universidade de París. Combateu as ideas de Georges Cuvier ao non admitir os cataclismos sucesivos e as creacións sucesivas (teoría do catastrofismo). Entre as súas publicacións cómpre destacar Introdución a unha nova distribución do reino animal (1816) e Manual de malacoloxía e conquilioloxía (1825).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arques, Picardía

  • Deceso

    Lugar : París