Blanco Campaña, Xosé Luís

Blanco Campaña, Xosé Luís

Xornalista. Titulado pola Escola Oficial de Periodisme de Barcelona e licenciado en Ciencias da Información pola Universitat Autónoma de Barcelona. Iniciouse no mundo radiofónico en EAJ-1 Radio Barcelona. Logo de colaborar con Radio Sáhara, traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Fundador e primeiro director de RTVG en 1985, foi director-xerente da TVG e director do centro territorial de TVE en Galicia. En prensa participou na fundación de Mundo Diario e mantivo unha sección diaria en El Correo Gallego. É autor dos libros: Camariñas, terra de palilleiras (1991), Radio e prensa na Galicia exterior (1995) e Historia da radio en Galicia (1999). Tamén é autor da música de máis dun cento de cancións en lingua galega. Foi distinguido co Premio Ondas, co Premio da Crítica de Galicia e coa Antena de Ouro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Camariñas