Blanco Torrado, Alfonso

Blanco Torrado, Alfonso

Crego, ensaísta e profesor. Estudiou Filosofía, Psicoloxía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidad Pontificia de Salamanca. Como ensaísta publicou A ascensión dun poeta. Xosé María Díaz Castro (Premio Ánxel Fole de ensaio) e foi o editor e coordinador dos libros colectivos Doce anos na busca da nosa identidade e Homenaxe a X. M. Díaz Castro. É colaborador en diversas revistas (Xermolos, Encrucillada, Irimia) e xornais (El Progreso, La Voz de Galicia). Participou activamente na normalización do galego na sociedade e na Igrexa e en obras de carácter colectivo sobre aspectos relacionados co desenvolvemento da cultura galega e sobre a comarca da Terra Chá. Fundou e coordinou a Asociación Cultural Xermolos e recibiu os premios IAR de Folklore (1993) e Moncho Valcarce de Promoción da Terra (1996).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Montevideo