Blanco Vila, Luis Alfonso
Escritor, xornalista e profesor de Literatura Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid. É doutor en Filoloxía Románica e licenciado en Ciencias da Información, tamén pola Universidad Complutense. Foi profesor de Literatura Mundial Contemporánea no CEU e no Colegio Universitario San Pablo, amais de profesor de Redacción Xornalística na Universidad Complutense. Foi presidente da Federación Nacional de Asociaciones de la Prensa, director de Relaciones Externas do ministerio de Facenda e director das revistas Temas, Caja de Madrid, Iglesia en Madrid e do xornal El Ideal Gallego. Tamén exerceu como correspondente en París e Roma de Editorial Católica, e foi director das páxinas culturais do xornal Ya. Entre as súas obras destacan: Madrid al paso (1976), La Hacienda en la II República (1981) e Diálogo con las sombras, novela finalista do Premio Internacional Plaza y Janés. Obtivo os premios Doncel (1967), Café Gijón (1975) de novela curta, e Felipe Trigo (1991).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Boiro