Blanco y Negro
Blanco y Negro
Semanario ilustrado fundado por Gustavo Luca de Tena en 1891. A súa primeira tiraxe foi de 20.000 exemplares. Contou coas colaboracións de Campoamor, Salvador Rueda e Manuel Palacio, entre outros. Deixou de publicarse no ano 1936, ao igual que o xornal ABC, ata que en 1957 volveu publicarse de novo coa dirección do neto do fundador, Torcuato Luca de Tena. Repártese xunto co xornal ABC os domingos e inclué reportaxes e entrevistas de actualidade amais de artigos de opinión.